O sabbath é o dia semanal de descanso e/ou tempo de adoración que é observado en diversas crenzas. O termo deriva do hebreo, “cessar”, que foi por vez primeira usado no relato bíblico do sétimo dia da Creación. Observar e lembrar o sabá é un dos Dez Mandamentos; é dicir, estamos obrigad@s ao descanso e á adoración como un elemento motor tamén nas nosas vidas. Deste xeito, convidámosvos a non-traballar, a desfrutar e pasar un bo rato en Alg-a Laboratório da man dunha xornada de variedades culturais: dende boa música de Bowie, pinchada por David Cocón, até o concerto de Family Folks como momento estrela do serán. A entrada será de 3€ e será adicada integramente aos gastos dos músicos.