O encontro desenvolverase entre o 24 e o 26 de Abril, na localidade de A Guarda (ao sur da provincia de Pontevedra), entre os espazos da Praza de San Bieito (próxima ao porto) e do Centro Social Fuscalho (fronte á Atalaia). Radio Piratona colaboramos dando un Obradoiro sobre Radios Libres o Domingo ás 12 H da mañá, ou sexa que xa sabedes, por alí nos vemos!
O Encontro proponse como ferramenta necesaria e replicable para a difusión do ideal antiautoritario e o intercambio material, ideolóxico e persoal, contribuindo á destrucción das relacións de dominación e explotación que actualmente rixen as nosas vidas.
Habilitarase espazo para aloxamento dxs asistentes (traede o voso saco ou manta) e mesas para exposición de material antiautoritario. Tódalas comidas servidas nos xantares, ceas e almorzos serán veganas e ademáis haberá unha zona de bebidas e comida a prezos populares durante o desenvolvemento das actividades. Agradeceríase que confirmarades asistencia para unha mellor organización e se precisades aloxamento o número aproximado de persoas que sodes.
Existe a posibilidade de aportar propostas de mellora, posibles cambios, críticas, recomendacións, temas a tratar, posibles presentacións ou palestras e todo tipo de colaboracións.
Contacto: acarosbaixominho@riseup.net