Dentro da liña de encontros sabáticos que inauguramos hai pouco cun eletro-sabbath, desta volta preparamos un Guateque Bodrio, que terá lugar en ALG-A LAB (Valadares) por un modesto prezo de 4 pesetas!!
Se estás a ler estas liñas podes estar eufórica de ter a BRUTAL oportunidade de ser partícipe desta festa que Sugulimo organiza para as persoas do mundo sideral; neste guateque poderedes disfrutar dunha ristra de bandas locais emerxentes, e da actuación do xa máis que coñecido cantautor/poeta de Matamá/planeta terra, o Leo; tamén venderemos cousas chulas, e haberá pra cear e pra beber e poñerse ultra penecos e bailar música punk até o día seguinte. Desfrutaremos de:
- o Arremecághona, se non o coñeces será que es un gamusino de merda…
- Jaguars, banda de recente formación, os integrantes son pipiolos moi salvaxes, coma o seu directo
- Viridiana, aparte de ser unha gran película son unha pedazo de banda, unha especie de stoner brutal psicodélico guapísimo pra reventar cabezas… notelopierdas
- Lamprea Explosiva, dúo garaxe punk- lo fi saido dun pozo de lodo noxento dunha nave de Citroën, dan bastante asco pero pódese bailar con eles
pero teremos algunhas sorpresas, coma o dúo Yo y División e até pode que un karaoke!!! moi brutal tamén. Que máis podes pedir???
PD: se queres asistir e non tes coche fala con nós e arreglamos. Agardamos por vós 😀