ENGADIMOS A NOSA GRELLA PARA ESTE MES DE MAIO ESTA MARAVILLOSA RADIONOVELA SOBRE CULTURA LIBRE QUE PUBLICA ABERTAMENTE RADIOSLIBRES
Este obra está bajo una licencia de Creative Commons Reconocimiento-CompartirIgual 4.0 Internacional.
Cada vez son máis as músicas, artistas e escritores que “van pola libre”, á marxe do sistema, alleos a discográficas ou editoras, fuxindo dos intermediarios porque non os precisan. Apostan polo coñecemento aberto e a cultura libre.
Cren que o coñecemento xorde colectivamente e devolven o que crean á colectividade de forma aberta e libre. Esta nova xeración sérvese de Internet para difundir o seu traballo. Gañan cartos nos concertos, con charlas e así poden seguir creando. Exploran outros camiños, non ven a cultura como unha mercadoría e son apoiados polas novas discográficas que queren axudar máis que facerse ricas.
É un novo mundo,… o mundo libre!
Para quen habita nesa utopía grabamos esta radionovela. Con ela queremos animar ás novas agrupacións musicais, aos escritores e artistas a “ir pola libre”, como “Utopía”. Unha banda de rock que se enfrenta á disxuntiva de rendirse ante o “sistema” ou apostar polas licencias Creative Commons.
Música, soños, amor, utopías e moito copyleft. Escoita, Utopía vai pola libre!
ESCOITA AQUÍ O RESTO DOS CAPÍTULOS:
CAP2
CAP3
CAP4
CAP5